Patrocinado por Patrocinadopor

Aprendendo a plantar castiñeiros de froito

Somos Agro REDACCIÓN / LA VOZ

AGRICULTURA

ANGEL MANSO

A Xunta imparte en Paderne de Allariz, Monterroso e O Saviñao un curso para planificar a plantación destas árbores

22 sep 2021 . Actualizado ás 15:50 h.

Durante a próxima semana, a Consellería do Medio Rural, impartirá dous cursos sobre a planificación e o deseño de plantacións de castiñeiro de froito nos municipios de Paderne de Allariz e Monterroso, e un terceiro sobre enxertos e podas para a renovación de soutos no Saviñao. O primeiro terá lugar o día 21, en horario de tarde, mentres que o segundo se impartirá o venres día 24. A última destas accións formativas celebrarase o día 25 en horario de mañá.

O obxectivo destas accións é o de axudar a planificar as plantacións de castiñeiros en función das zonas e o destino final do produto, ademais de completar a formación dos produtores de castaña informándolles sobre as novidades que hai en investigación, tratamento das árbores e técnicas de mercado. Máis información aquí