Patrocinado por Patrocinadopor

Interpol desenmascara mel e viño falsos

efe PARÍS

AGRICULTURA

Interpol

Unha operación internacional conxunta confisca máis de 15.000 toneladas de alimentos e bebidas, entre os que hai desde viño a bivalvos

23 jul 2021 . Actualizado ás 09:20 h.

Mel aduterada con jarabe de millo ou cana de azucre, bivalbos, veu que non era o que puña a etiqueta, bivalbos non aptos para e lconsumo humano, carne de cabalo comercializada de modo ilegal... Eses son só algúns dos produtos confiscados durante unha operación internacional, coordinada por Interpol, para loitar contra a fraude de alimentos e bebidas. En total foron intervidas 15.451 toneladas deses produtos por un valor de 53,8 millóns de euros. 

A operación, denominada Opson X, mobilizou a axencias de policía, aduanas e autoridades de sanidade alimentaria de 72 países entre decembro do 2020 e xuño do 2021, segundo avanzou a Interpol nun comunicado.

«Retirar do mercado unha cantidade tan grande de produtos ilegais e con frecuencia perigosos é un exemplo concreto de como a cooperación policial internacional pode axudar a facer o mundo máis seguro», sinalou o secretario xeral do organismo, Jürgen Stock. Os principais produtos detectados foron falsificacións de bebidas alcohólicas, seguidas de falsos alimentos protexidos por denominacións de orixe.

Ademais de alimentos e bebidas fraudulentos, a operación descubriu cargamentos doutros produtos falsos, como cigarros ou test de detección de covid-19 ou VIH, ou directamente ilícitos, como carne de animais cazados ilegalmente. As autoridades xudiciais emitiron máis de 600 ordes de arresto contra sospeitosos, nunha operación na que se desmantelaron 42 organizacións criminais. A primeira operación Opson tivo lugar no 2001 e nela participaron dez países, que confiscaron bens por valor de 300.000 euros, lembrou Interpol.