A Xunta dará cinco anos para reclamar leiras que non teñan dono coñecido

Abrirá ese prazo para que os seus propietarios poidan recuperalas sen ir ao xuíz


redacción

Cando alguén se pregunta cal é o principal obstáculo para mobilizar terra en Galicia e para que as explotacións poidan acceder a superficies que satisfagan as súas demandas, o primeiro que se lle adoita vir á cabeza é unha palabra: minifundio. Pero hai outro factor asociado que pon o listón aínda máis alto para aqueles que queren facerse con terreo: as leiras de propietarios descoñecidos. Porque en Galicia hai uns once millóns de parcelas rústicas, repartidas entre 1,6 millóns de titulares. Pero é que ademais, un 8 % deles non se sabe quen son. As razóns diso son tan variadas como a orografía galega. Desde herdanzas que non se chegaron nunca a dividir a emigrantes que nunca regresaron e cuxa descendencia descoñece que ten un terrenito nunha esquina do noroeste peninsular.

Grazas por ler La Voz

Subscríbete ao xornalismo sen límites feito en Galicia

WEB+APP
Le todas as noticias na edición dixital e a aplicación, accede a contidos exclusivos e goza dunha lectura sen publicidade intrusiva
VERSIÓN PDF
Accede á réplica do xornal en PDF, a todas as vantaxes da subscrición WEB+APP e á hemeroteca de La Voz desde 1882

A Xunta dará cinco anos para reclamar leiras que non teñan dono coñecido