Patrocinado por Patrocinadopor

Manzanos adaptados ao cambio climático, unha realidade

Somos Agro REDACCIÓN

AGRICULTURA

As primeiras árbores serán plantadas en Cataluña para comercializarse na Península nun prazo tope de tres anos

02 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Os primeiros manzanos adaptados ao cambio climático plantaranse en Cataluña o ano que vén e comercializaranse na Península nun prazo de tres anos todo o máis tardar. É o que anunciou onte o Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias (IRTA) porque foi nos seus campos de experimentación de Lérida e de Mas Badía, en Xirona, onde foron avaliadas estas mazás que, ao parecer, son vermellas, zumentas, doces.... Por que? Porque aí as temperaturas poden chegar ata os 40 graos centígrados

A nova variedade de mazá, rexistrada coa denominación varietal HOT84A1, é, segundo o IRTA, «o primeiro resultado do programa internacional de mellora xenética de mazá e pera Hot Climate Programme, que quere dar resposta aos retos do cambio climático», como recolle Europa Press.

O obxectivo, como explicou a especialista do programa Fruticultura do IRTA, Joan Bonamy, pasaa porque «as novas variedades de mazá, creadas con métodos tradicionais teñen, como obxectivo, adaptarse a uns veráns cada vez máis calorosos».

Segundo o especialista, as novas variedades proporcionan novas oportunidades aos produtores «para cultivar mazás en rexións onde cada vez é máis difícil cultivalas, así como en zonas máis próximas ao consumidor».

FRUIT FUTUR

O Hot Climate Programme está formado polo IRTA, Fruit Futur _unha asociación formada polos principais produtores de froita de Catalunya: Actel, Fruits de Ponent, Nufri e Poma de Xirona;--  o centro de investigación neozelandés Plant & Food Research, e conta co apoio da Conselleria de Agricultura, Gandería, Pesca e Alimentación da Generalitat de Catalunya.

Segundo o IRTA, a empresa T & G Global foi seleccionada para desenvolver e comercializar estas variedades en todo o mundo; e a asociación de produtores cataláns Fruit Futur asinou recentemente a primeira licenza para comercializar a HOT84A1 na península ibérica.