Patrocinado por Patrocinadopor

Satisfacción na Limia pola inclusión da variedade Agre no selo Pataca de Galicia

La Voz OURENSE

AGRICULTURA

Patatas en la comarca de A Limia
Patacas na comarca da Limia Antonio Cortés

En torno ao 80 % da produción da comarca podería agora estar amparada. Tanta a variedade Agre, como a Fina de Carballo, son agora Pataca de Galicia, pero na Costa da Morte, a falta de semente certificada deixa a súa variedade para un cultivo moi reducido

17 may 2020 . Actualizado ás 09:26 h.

O sector agrícola da comarca da Limia recibiu con gran satisfacción o acordo da Unión Europea para modificar o regulamento da IXP (Indicación Xeográfica Protexida) Pataca de Galicia. A partir de agora, a variedade agre poderá levar tamén ese selo de calidade e dáse a circunstancia de que esa é a que máis se produce na zona. Ao redor dun 80 % dos 120 millóns de quilos recolleitos anualmente na Limia son da chamada pataca amarela, moi apreciada polas freidurías e tamén no sector hostaleiro.

Guillermo Budiño, presidente da IXP, cre que o cambio beneficiará aos agricultores, aos envasadores e aos consumidores e o certo é que a novidade foi ben recibida no sector. Maite Joga, de Adegal (Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores dá Limia), opina que o selo de calidade servirá para colocar mellor o produto cando se supere a actual situación de crise. É, precisamente, a variedade agrea a que máis está a custar vender durante o estado de alarma, explica.

Servando Álvarez, do Centro Agrogandeiro do Inorde, explica que moitos agricultores poderían agora unirse á IXP xa que a pataca amarela goza de popularidade por ser moi resistente ao nematodo, unha praga que ataca con máis gravidade a outras variedades. Amador Díaz Penín, produtor e concelleiro en Xinzo, cre que o selo será clave para comercializar a pataca da comarca.