Patrocinado por Patrocinadopor

Achan un xene que mellora o crecemento dalgúns cultivos

La Voz REDACCIÓN

AGRICULTURA

Javier Tardío

A revista Nature publica o descubrimento de científicos de Cambridge e Bordeus para favorecer o desenvolvemento sostible  das plantas

12 jun 2019 . Actualizado ás 13:11 h.

O seu nome é Modulador de Descarga de Floema. É un xene que é capaz de acelerar de modo sostible o crecemento dalgúns cultivos achado por científicos das universidades de Cambridge e Bordeus. O achado, como informa Efe, foi publicado pola revista Nature e indica que este xene podería mellorar a eficacia no tránsito de nutrientes dunha planta e aumentar a rendibilidade de cultivos dun xeito sostible. 

O que sosteñen os científicos é que a través dese xene poder dirixir con máis precisión o transporte de azucres, proteínas e outros nutrientes básicos a lugares específicos de plantas gramíneas, froitas ou tubérculos.

O PLM modifica os plasmodesmos, as canles que atravesan a membrana e a parede celular da plantas, para alterar o paso de nutrientes orgánicos esenciais, explican nun comunicado os principais autores do este traballo, Dawei Yan e Emmanuelle Bayer, das universidades de Cambridge e Bordeus, respectivamente.

En concreto, observaron que aquelas Arabidopsis thaliana, unha especie de crucíferas, que mutaron e non teñen o PLM liberan máis sustancias desde as puntas das súas raíces a través do floema, un tecido especializado no transporte de longa distancias de nutrientes.

Constataron que o xene PLM ten un efecto controlador determinante sobre a capacidade de descarga do floema e, para entender como o fai, examinaron o comportamento de diferentes interfaces celulares das raíces de plántulas.

«Descubrimos que o PLM mutante alivia o pescozo de botella que reducían anteriormente o movemento de saída de nutrientes desde o sistema bascular ata os tecidos de rápido crecemento das raíces», explica Dawei Yan.

A eliminación da actividade do xene PLM pode permitir que «as plantas crezan con máis rapidez e que transporte con máis eficacia alimentos onde máis necesitar», destaca o experto.