Patrocinado por Patrocinadopor

Comezan as Catas dos Viños de Galicia 2019

somos agro REDACCIÓN

AGRICULTURA

CONCHI PAZ

Un total de 157 adegas compiten este ano con 349 mostras

11 jun 2019 . Actualizado ás 16:34 h.

Tras un «rigoroso proceso» de recollida de mostras, o director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, presidiu o inicio das Catas dos Viños de Galicia 2019. Foi no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, onde compiten un total de 157 adegas con 349 mostras. Por outra banda, as Catas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia comezarán o venres 14 de xuño e contan coa participación de 16 adegas. Como catadores participan 25 expertos. Non faltan tampouco os afeccionados.