Patrocinado por Patrocinadopor

Por que a maioría dos vuelcos de tractor non son accidentes laborais?

a voz REDACCIÓN

AGRICULTURA

RAMON LEIRO

Aínda que o seu uso é agrícola, a maior parte dos accidentes mortais que se producen neste tipo de vehículos non son clasificados como tal. A razón é que boa parte das vítimas son xubilados. Previr a siniestrabilidad é unha prioridade.

24 may 2019 . Actualizado ás 11:33 h.

Non é o perfil habitual, pero esta semana un home de 35 anos perdeu a vida na parroquia de Valeixe (A Cañiza) ao precipitarse o tractor que conducía por un terraplén. É a última vítima dun problema, os accidentes mortais de tractor , produto dunha combinación de factores que van desde a antigüidade do parque ao uso non adecuado destas máquinas agrícolas. O máis habitual, ademais, é que os que morren sexan persoas xubiladas que realizan tarefas nas súas leiras. Esa é a razón de que a maior parte non sexan catalogados como accidentes laborais. Só en torno ao 6 % o son. 

«Cando falamos dos accidentes de tractor hai que ter en conta unha cousa, que son máquinas para facer traballos agrícolas e son tareas que normalmente se fan en solitario. Ademáis os accidentes deste tipo adoitan producirse en lugares afastados dos centros de atención sanitaria», apuntan fontes de Unións Agrarias especializadas en prevención laboral. Máis aló dese punto de partida, o escenario que se debuxa en Galicia ao redor deste tipo de accidentes é que só un 6 % son catalogados como accidentes laborais porque a maioría afectan a xubilados que realizan labores esporádicos ou de fin de semana nas súas leiras. Ademais, moitas desas persoas non utilizan tractores con medidas de seguridade homologadas por tratarse de vehículos moi antigos. «Moitos tamén os usan como medio de transporte, aínda que está prohibido levar xente neles. Pero tamén hai moita xente maior que saca peito cando di ``o meu tractor ten trinta anos´´», engaden desde Unións Agrarias. 

Precisamente son eses tractores máis vellos os que implican un maior risco por carecen de medidas de seguridade. De feito, como apuntan desde o sector, algúns dos que se usan de cando en vez para tarefas esporádicas non pasaron nin a ITV. Nun 47 % dos casos a razón do accidente é o envorco, un risco que podería previrse coa utilización dunha protección que cumpra a normativa. Desde unha cabina a un arco, un pórtico ou un bastidor. As saídas de vía protagonizan o 15 % dos accidentes, mentres que outro 10 % son persoas que quedan atrapadas por algunha parte do vehículo. Ademais, desde Unións Agrarias, fan outra anotación: «A xente non ten unha formación específica no manexo desta maquinaria porque moitas veces non é únicamente manexar o tractor, son tódolos aperos que leva asociados e hai moito atropelo coa propia maquinaria». E engaden que o feito de que a maior parte da xente que traballa no campo sexa autónoma fai que a aplicación dun plan de prevención de riscos laborais sexa máis limitado. «Cando hai traballadores hai que cumprilo, pero cando un autónomo merca unha máquina nova, moitas veces mira ou papel que trae instruccións daquela maneira», din. O reto agora é frear a accidentabilidad.