Patrocinado por Patrocinadopor

A Xunta anima aos veciños de Leiro a pór en marcha un polígono agroforestal de viñedos

La Voz OURENSE / LA VOZ

SOMOS AGRO

El conselleiro de Medio Rural, en Leiro
O conselleiro de Medio Rural, en Leiro CEDIDA

O proxecto contempla, ademais, diversificar o seu aproveitamento con gandería extensiva e árbores autóctonas

23 ago 2021 . Actualizado ás 13:53 h.

O conselleiro de Medio Rural, José González, reuniuse este sábado con veciños de Leiro para animalos a aproveitar os instrumentos que contempla a lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Neste caso concreto propúxolles a creación dun polígono agroforestal de case cen hectáreas orientado en principio ao viñedo, «pero contemplando a posibilidade de diversificar os seus usos ao combinar un aproveitamento mixto da gandería extensiva cun uso forestal con árbores de especies autóctonas», explica o goberno autonómico.

O obxectivo é que esta actividade sirva para complementar as rendas dos titulares deses terreos. «Trátase de recuperar terra para xerar actividade económica e crear postos de traballo, contribuíndo a fixar poboación no rural e, a o tempo, avanzar na prioritaria anticipación aos incendios», explicou o conselleiro, que remarcou que ao combinar varios usos garantiríase a sustentabilidade do proxecto sen modificar as características do terreo.

Neste caso desde a Consellería están avaliando a alternativa de pór en valor preto de 100 hectáreas que, entre outras cousas, poderían contribuír a aumentar a superficie de produción vitivinícola dentro da denominación de orixe Ribeiro. José Gonzalez lembrou que a iniciativa pode partir da Adminisrtación ou dos particulares, pero para levala a cabo ha de contarse co acordo dos propietarios, polo menos, oun 70 % da superficie do perímetro do polígono. Ademais, avanzou que terán carácter preferente as zonas de concentración ou reestruturación parcelaria que estean rematadas e que presenten un abandono superior ao 50%; as áreas cortafuego que se delimitarán con criterios técnicos e aquelas en as que se acredite o compromiso de adhesión ao polígono.

O conselleiro tamén falou dos polígonos devasas, que achegan unha nova solución á hora de previr incendios convertendo as devasas en polígonos agroforestais que, ademais de devasas, promovan actividades agrícolas, forestais ou gandeiras.