Patrocinado por Patrocinadopor

Algún paso de cebra para cruzar? Non aquí hai un de vaca

Somos Agro REDACCIÓN

SOMOS AGRO

PACO RODRÍGUEZ

Santiago abre polo Día de Galicia o primeiro aberto de xeito permanente nunha cidade. A iniciativa é da Casa Grande de Xanceda, coa colaboración do Concello compostelano

25 jul 2021 . Actualizado ás 11:29 h.

Galicia é rural e aquí nesta esquina de Europa as vacas son totémicas. Parte da familia. Parte da historia. Entón por qué non pintar en lugar de pasos de cebra, Pasos de Vaca. A idea puxoa en marcha A Casa Grande de Xanceda hai xa tempo. De feito, xa hai pasos destes en Arzúa, Mazaricos, Santa Comba, A Baña e Mesía. E incluso houbo un paso instalado de xeito temporal en A Coruña. Pero esta fin de semana, coincidindo co Año Santo e coa celebración este domingo do Día de Galicia, levou a idea, chamada Galicia, terra de vacas, a Santiago coa colaboración do Concello. Ahí, na Praza Roxa, inauguraron o primeiro Paso de Vaca aberto nunha cidade. E como non podía ser doutro xeito o corte da cinta inaugural foi a golpe de fouciña. A idea é levalos ao resto de cidades. 

Durante o acto a concelleira socialista Carmen Rosón explicou que o Paso de Vaca «representa unha parte da historia de Santiago porque na zona norte e sur hai moito rural, e na parte norte aínda quedan granxas. Polo tanto, as vacas están no noso imaxinario e no noso presente». Non esqueceu lembrar que «o Día de Galicia é perfecto para reivindicar o rural, que forma parte da nosa vida e é innegable que Galicia é terra de vacas. O que pretendemos é poñer en valor nas cidades o rural e as vacas, que valorizan o campo e dan valor e emprego». Por iso, engadiu que «o Paso de Vaca represéntanos moito mellor que o de cebra e o noso obxectivo é levar estes pasos a todas as cidades galegas». 

Para celebrar a inauguración deste paso, todos aqueles que o crucen entre as 12 e as 20 horas deste domingo 25 de xullo poderán disfrutar dunha degustación de productos da Casa Grande Xanceda e actividades para todas as idades. Ademáis os peregrinos poden selar a Compostela con selo de Paso de Vaca

Para celebrar la apertura de este paso, todas aquellas personas que lo atraviesen entre las 12 y las 20 horas de este domingo 25 de julio