Patrocinado por Patrocinadopor

O monte Pereira quere formar parte do rexistro de masas consolidadas de frondosas

Somos Agro REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS AGRO

ROI FERNÁNDEZ

Medio Rural inicia o proceso para incorporar 22,42 hectáreas deste terreo situado na provincia de Ourense

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Monte Pereira, propiedade da comunidade de montes veciñais do mesmo nome e situado no municipio ourensán da Merca, podería pasar a formar parte do Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas. O Diario Oficial de Galicia publica o anuncio polo que se inicia este proceso e sométeo a información pública.

Este espazo conta cunha superficie de 229 hectáreas, das que se inscribirán no rexistro un total de 22,42. Estas están ocupadas por poboacións de carballo negro (Quercus pyrenaica), bidueiros (Betula Celtibérica) e saeiros, principalmente, aínda que tamén hai exemplares de carballo americano e alcornoques.

A partir de hoxe, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes da xefatura territorial de Ourense os documentos correspondentes a este expediente, podendo presentar as alegacións que estime oportunas no prazo de dous meses. Medio Rural tramita actualmente 31 expedientes para pasar a formar parte deste rexistro.