Patrocinado por Patrocinadopor

«O mintireiro verdadeiro», a guía popular para saber o tempo e as feiras

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

SOMOS AGRO

Nas páxinas hai información sobre cuestións agrarias e sobre costumes e tradicións
Nas páxinas hai información sobre cuestións agrarias e sobre costumes e tradicións ALBERTO LÓPEZ

A publicación segue fiel aos lectores e a edición do 2021 xa está na rúa

23 novs 2020 . Actualizado ás 09:18 h.

Algo de neve «esfaragullada» nalgunas zonas en xaneiro, imposibilidade de gardar a roupa de máis abrigo en febreiro, ventos en marzo... Así será o tempos nos primeiros meses do 2021 segundo «O mintireiro verdadeiro», publicación que acode de novo á cita cos seus lectores. Nas páxinas (64 en total) fálase do tempo, pero tamén doutras cuestións da vida agraria e de costumes e tradicións.

Así, xullo é un mes axeitado para sementar remolachas ou cenorias, e en agosto hai medo a que as tormentas danen a uva. A publicación inclúe tamén un calendario de feiras, distribuídas entre fixas, cadaneiras e mensuais. Ás primeiras pertencen, por exemplo, a de Betanzos (día 1), a de Rábade (día 22), a de Celanova (día 29) e a de Lalín (día 18). Entre as segundas están a de Moeche (23 de abril), a de Santos en Monterroso (1 de novembro) a de Ribadavia (10 de setembro) e a de Gondomar (23 de xullo). Ademais cítanse feiras e mercados fixos de Galicia, pero tamén do norte de Portugal, do occidente de Asturias e de Zamora e de León.

A publicación inclúe datos coma o valor dos ferrados en metros cadrados en moitos concellos: por exem plo, equivale a 639 metros cadrados en Ordes, a 612 en Ribadeo ou a 629 en Catoira. O 2021 é ano santo, e a edición saída á rúa hai semanas achega información sobre camiños de peregrinación e sobre a maneira de gañara indulxencia na catedral de Santiago.