Patrocinado por Patrocinadopor

«Este ano é desastroso. Non hai nada, están as colmeas secas porque o clima non axudou nada»

Somos Agro REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS AGRO

MARTINA MISER

Diego Collazo, apicultor de Vívilagarcía

28 may 2020 . Actualizado ás 16:57 h.

Diego Collazo é un deses agricultores da costa que, este ano, verá a súa colleita de mel seriamente afectado. «Desastroso» é o adxectivo que utiliza para cualificar a situación porque, asegura, «non hai nada, están as colmeas secas». O problema, explica, é que as abellas saíron moi débiles do inverno porque houbo velutina ata finais de decembro. E que, despois, «o clima non axudou nada». De feito, «chamoume un amigo dicindo que se lle estaba morrendo de fame e eu teño unha colmea na que xa están a matar aos zánganos».

El teno claro: «Na costa, este ano vai ser horrible e estamos así todos os apicultores», asegura. A floración do eucalipto, da que dependen as súas colmeas, durou moi pouco e, acto seguido, viñeron as choivas. «Cando as abellas colleron forza, a floración do eucalipto xa estaba a acabar», explica. Agora, queda a zarza, pero de novo todo dependerá das condicións meteorolóxicas. «A zarza empeza agora, se temos sorte igual podemos conseguir algo», conta. Aínda que nada salvará xa a campaña deste ano, pois a dos apicultores da costa dependen en gran parte do eucalipto. «Canto máis ao interior mellor porque alí teñen máis zarza e tamén castaño», conta este apicultor arousán.