Patrocinado por Patrocinadopor

O prezo medio do litro: dos 4,66 euros en Pontevedra aos 1,52 de Ourense

La Voz

SOMOS AGRO

JOSE PARDO

As adegas ourensás exportan máis cantidade, pero as pontevedresas ingresan máis por estas transaccións

14 mares 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

As cifras de exportación analizadas pola OEMV inclúen desde o viño con denominación de orixe aos graneis, o mosto, o vinagre e o aromatizadou. Por iso é polo que algunhas delas non se correspondan, en exclusiva, co que está a suceder nas denominacións de orixe. En Pontevedra , por exemplo, exportábase no ano 2000 1,5 millóns de litros de viño, fronte aos preto de seis que se comercializaron no exterior durante o pasado exercicio. Unha realidade que se adecúa á da denominación de orixe Rías Baixas. Pero en Ourense chegaron a exportar no ano 2007 41 millóns de litros de viño, fronte aos pouco máis de dez que venderon o pasado ano. A primeira destas cifras non reflicte só a actividade das catro denominacións que existen nesta provincia, senón que inclúe tamén a venda de graneis.

Segundo ese mesmo informe, Ourense é a provincia que máis viño exportou durante o pasado ano, pouco máis de dez millóns de litros, seguida de Pontevedra (5,7 millóns), Lugo (3,8 millóns) e A Coruña (526.406 litros). Pero se miramos o valor desas transaccións é Pontevedra a provincia que se sitúa á cabeza da comunidade, cunha facturación de preto de 27 millóns de euros, seguida de Ourense (15,4 millóns), Lugo (3,8 millóns) e A Coruña (1,3 millóns). Porque é en Pontevedra onde o viño exportado ten un prezo medio máis elevado, de 4,66 euros por litro. Séguelle A Coruña, cunha media de 2,54 euros por litro, Ourense, con 1,52 euros, e Lugo, onde o prezo do litro é dun euro.