Patrocinado por Patrocinadopor

Curso sobre estratexias de comercialización dos produtos agroalimentarios

Somos Agro REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS AGRO

MÁLAGA

A Fundación Juana de Vega e a EFA de Fonteboa imparten esta formación do 4 ao 6 de febreiro

24 ene 2020 . Actualizado ás 10:32 h.

Mellorar as estratexias de comercialización dos produtos agroalimentarios é o obxectivo do curso que o mes próximo impartirán a Fundación Juana de Vega en colaboración coa EFA de Fonteboa. A iniciativa está dirixida a emprendedores, produtores e transformadores agroalimentarios, ademais da todos os interesados. As charlas impartiranse, en horario de nove da mañá a dúas da tarde, na sede da fundación e no centro de promoción rural de Fonteboa. 

Coñecer as novas ferramentas da mercadotecnia online e de comercialización no ámbito agroalimentario, axudar a definir unha estratexia de comercialización de produtos agroalimentarios para mellorar o seu posicionamento e dar a coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias son algúns dos obxectivos que persegue esta iniciativa. As clases comezarán o martes, 4 de febreiro, na fundación. As dúas primeiras xornadas serán impartidas por José R. Porto, profesor de mercadotecnia dixital na USC, que falará sobre as estratexias de comercialización e integración. Posteriormente, o día 6, Xosé Teiga, director creativo de Xosé TEiga Studio explicará o branding e a embalaxe como partes da identidade do produto. Esta última charla será en Fonteboa. 

Máis información e inscricións en https://juanadevega.org/é/lineas/promocion-agroalimentaria/formacion/curso-estratexias-de-comercializacion-packaging-e-etiquetaxe-de-produtos-agroalimentarios-2020/