Patrocinado por Patrocinadopor

Coren compra 4,7 millóns de quilos de castaña para dar para comer aos seus porcos selecta

Rubén Nóvoa Pérez
Rubén Nóvoa OURENSE

SOMOS AGRO

Santi M. Amil

A adquisición do lote suporá unha riqueza de 7,1 millóns de euros no campo galego

07 dic 2019 . Actualizado ás 19:57 h.

Os porcos selecta convertéronse nun dos buques insignia da cooperativa ourensá Coren. A partir do seu esmerado coidado en condicións óptimas, a firma explota diferentes produtos que se explotan baixo o nome de Selecta e que inclúe xamón ou lombo. O presidente de Coren, Manuel Gómez Franqueira, acaba de asinar o convenio con Alibós, a maior empresa recolectora e transformadora de castaña en Galicia, para facerse con 4,7 millóns de quilos de castaña para dar de cvomer aos seus porcos selecta de cara á campaña do ano 2020. Esta operación suporá unha achega económica ao campo galego de 7,1 millóns de euros. Desde Coren destacan que desta forma contribúen a manter os soutos fronte á ameaza da desparición polo abandono do rural ou as circunstancias climatolóxicas e pragas como a avispilla do castiñeiro, procedente de Asia e que se detecta en Galicia desde fai sete anos.

Ademais do seu impacto económico directo, esta iniciativa ten unha pegada ambiental consdierable, xa que os 4,7 millóns de quilos colleitados este ano pola cooperativa representan uns 160.000 castiñeiros e a recuperación de 2.100 hectáreas de terreo. Estes castiñeiros absorben ao ano 12.500 toneladas de CO2.

O proceso

Para a alimentación dos porcos da súa gama Selecta, Coren adquire a castaña cada ano en tempada. Posteriormente, pasa por un proceso de pelado e cocción -deste xeito evítase o amargor da casca e facilítase a súa digestibilidad- e posterior conxelado, o que permite a súa conservación co fin de ter dispoñible o alimento durante todo o ano. A aposta de Coren polo porco alimentado con castaña iniciouse no ano 2012. A demanda deste froito por parte da cooperativa ourensá non fixo máis que crecer.