Patrocinado por Patrocinadopor

Unha colleita que a choiva está a botar a perder

La Voz

SOMOS AGRO

MARTINA MISER

A presenza desta verdura nos mercados é máis escasa do habitual

29 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

«A colleita deste ano vai bastante regular. Houbo moi boa nabiza en setembro e outubro, pero veu a sarabia e danou todo», conta Carmen Xesto. Tampouco en Valxestoso están satisfeitos. «A seca de agosto e setembro, que é cando a xente empeza a plantar, provocou que moitas plantas xa non nacesen». E no Salnés a situación é case que desastrosa por agora. «Estamos producindo a metade doutros anos, nin sequera podemos cubrir pedir que temos», engade Fernando Varela. Aínda que parece que pintan bastos, todos apuntan a que a campaña aínda pode salvarse. Para iso, o principal, sería que parase de chover dunha vez por todas. Mentres, a presenza desta verdura nas tendas galegas é máis escasa do habitual. «Hai días que non podemos conseguilas, cando normalmente as había sempre», contan na froitería A Horta de Berto, en Cambados .

«Aquí levamos seis semanas nas que non parou de chover a está todo deitado e non paga a pena aproveitalo», asegura Vega . «Este é un cultivo que quere inverno e con este tempo estase pondo amarelo. Ademais hai leiras nas que non naceu nada e outras nas que están moi pequenos», engaden en Valxestoso. «A auga estropeou todo. Este mes de novembro empezou con néboa, despois ventos e agora a sarabia», engade Carmen Xesto. As intensas choivas dos últimos días e a falta de frío están a afectar a este cultivo e provocando que as primeiras nabizas e grelos que hai nos mercados sexan escasos. De feito, en Horsal, por exemplo, son incapaces de cubrir todos os pedidos. E nos mercados galegos, aínda que hai xa nabizas, non hai demasiada cantidade. Por se isto fose pouco, o prezo deste cultivo hase incrementado lixeiramente, ata acadar os 2,5 euros por feixe.

Pero todos os produtores están tamén de acordo en que a situación poderá mellorar en canto cambien as condicións meteorolóxicas. «É unha planta que ten unha recuperación moi rápida. É unha verdura de inverno e, aínda que lle fai dano calquera cousa, tamén pode ser que en xaneiro teñamos unha colleita preciosa», explican en Valxestoso. «ven bo tempo pode recuperar, senón segue habendo temporais claro», engade Carmen. Só falta que deixe de chover durante unha tempada para que a nabiza primeiro e o grelo máis tarde recuperen todo o seu esplendor. E poidamos REVISAR gozalos a gusto.