Patrocinado por Patrocinadopor

Os viticultores do Ribeiro, preocupados polo xabaril

Somos Agro REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS AGRO

A consellería de Medio Ambiente e o consello regulador colaborarán para informar os agricultores das axudas ás que poden acollerse

19 novs 2019 . Actualizado ás 10:11 h.

O xabaril é unha especie que tamén preocupa aos viticultores do Ribeiro. É por iso que o seu presidente, Juan Casares, mantivo fai uns días unha reunión con a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, para falar dos danos que esta especie está a ocasionar nos viñedos desta denominación de orixe, unha das máis importantes de Galicia. Ambas as entidades mostráronse dispostas a colaborar para informar os viticultores das axudas ás que poden acollerse para paliar eses danos. 

Os viticultores poden acollerse a dúas ordes de axudas da Xunta, unha delas para previr os danos ocasionados e outra para palialos. De feito, as convocatorias de subveciones por danos ocasionados polo xabaril inclúen como potenciais beneficiarios aos viticultores, que poden acceder a elas nas mesmas condicións que o resto de agricultores. Ademais, Medio Ambiente reservará o próximo ano preto de tres millóns de euros para estas dúas liñas de axudas, duplicando a partida deste exercicio. Entre as medidas subvencionables para previr os danos do xabaril atópase a instalación de pastores eléctricos, un sistema que podería ser eficaz para o sector vitícola. 

 Do Campo explicoulle ao presidente do consello regulador a necesidade de que os viticultores avisen dos ataques sufridos sempre, e en primeira instancia, a través do teléfono 012. A cotinuación deben tramitar a solicitude correspondente na Xefatura Territorial de Medio Ambiente.