«Berlín», o spin-off de «A casa de papel», ten data do trinque

La Voz REDACCIÓN

SOCIEDADE

Netflix

A primeira tempada chegará a Netflix en decembro, terá oito capítulos e fará un repaso polos roubos «máis extraordinarios» do personaxe interpretado por Pedro Alonso

09 feb 2023 . Actualizado ás 09:16 h.

Berlín, o personaxe da casa de papel, será protagonista dunha nova serie derivada da ficción de Netflix e titulada co seu nome. Os seus creadores, Álex Pina e Esther Martínez, déronlle durante as cinco tempadas un percorrido heteroxéneo. Agora crearon un universo propio, pero «prometendo ser algo novo». Rodada entre París e Madrid, estrá dispoñible en decembro na plataforma.

Segundo o seu intérprete, Pedro Alonso, será un personaxe que «non só demostrou que é capaz de sobrevivir á morte, senón que rouba para sentir». «Berlín permíteche xogar e avanzar como actor na forma de entretemento máis salvaxe. Ten moita chicha», apunta Alonso en declaracións a Efe, que asegura que se pensou «moi en serio» aceptar a proposta. «Aínda que estou moi agradecido á Casa de Papel, tiña que ser consciente da sobrexpoción que me levaría», afirma.

Nas súas peripecias acompáñano cinco novos membros da súa banda: Michelle Jenner como Keila, unha enxeñeira informática experta en ciberseguidad; Tristán Ulloa, que exercerá do Pepito Grillo de Berlín; Begoña Vargas é Cameron, unha muller con «moito poder» que se une á banda para «pasarllo ben»; Julio Pena como Roi, o fiel escudeiro de Berlín, e Joel Sánchez como Bruce, o «descerebrado do grupo».

Aínda que non se pode desvelar moito sobre a trama desta nova serie, si que avanzan que será un «percorrido pola época dourada» deste ladrón que «está a atopar o seu propio selo»: «Hai algo de moita luz, pero tamén moito vertixe. Sempre parece gozoso, pero tamén terá o seu compoñente tráxico», detalla Alonso.

O que si avanzan é que a primeira tempada, que terá oito capítulos, repasará os roubos «máis extraordinarios» que fixo Berlín, e terá ton de comedia romántica. «Está máis enfocado ao ladrón de luva branca, non haberá tantos tiros nin disparos como na casa de papel», di Tristán Pena.