A área sanitaria de Santiago e Barbanza prevé administrar a próxima semana 44.500 vacinas contra o covid

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SOCIEDADE

Vacunación masiva en Santiago
Vacinación masiva en Santiago SANDRA ALONSO

Os positivos en colexios caen a mínimos e en Santiago xa só quedan tres centros educativos cun en cada

19 jun 2021 . Actualizado ás 21:33 h.

 A xerencia da área sanitaria de Santiago avanza que a próxima semana prevé administrarán máis de 44.500 vacinas do covid, entre o luns 21 e o domingo 27. A maioría, 38.800, aplicaranse en persoas citadas no Gaiás (Cidade da Cultura); 4.500 no hospital de Ribeira; e unhas 1.200 máis no Clínico.

A pandemia mantén a tendencia descendente: o Sergas comunicou que hoxe están a tratamento 121 persoas, 5 menos que onte, tras curar 16 afectadas de coronavirus e descubrirse 11 contagios. Continúan cinco persoas ingresadas no CHUS, delas una na uci covid do Clínico. Teo sumouse onte aos municipios sen casos novos de covid, e mantéñense nesa situación A Baña, Ames, Boimorto, Boqueixón, Brión, Dodro, Frades, O Pino, Rois, Santiso, Toques, Touro, Val do Dubra e Vedra. Son en total 15, dos 25 da área metropolitana de Santiago.

Os colexios teñen asociados só 16 nos 46 municipios da área sanitaria compostelá, a que menos casos presentan, segundo os datos facilitados hoxe polo Sergas. En Santiago só hai tres colexios, cun positivo cada un; dous centros educativos en Oroso, con outros 3 positivos; e un en Padrón, outro en Ordes e outro en Teo. Os restantes, danse en centros da zona de Barbanza: un en Boiro, outro en Lousame e tres de Noia.