Último capítulo da tempada de «Serramoura»

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDADE

.

O thriller rural producido por Voz Audiovisual despídese dos seus fans coa sorpresiva renuncia de Tomás ao seu posto de forma provisional á fronte do cuartel da vila

05 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Serramoura emite esta noite a partir das 22.05 horas en TVG Xogar con lume, o último capítulo da tempada. O thriller rural producido por Voz Audiovisual despídese dos seus fans coa sorpresiva renuncia de Tomás ao seu posto de forma provisional á fronte do cuartel da vila, o que obrigará a Marga a coller as rendas e a aceptar preparar o exame para ascender a tenente.

Os axentes pasaron un tempo moi concentrados en dar co culpable das ameazas a Quique e agora, co caso xa pechado, Tomás aproveita esa efémera tranquilidade para dar unha especie de ultimato a Marga.

Santos e Evaristo, en problemas

Mentres tanto, Santos recibe unha oferta que lle será imposible de rexeitar: converterse no xefe de seguridade dun importante delincuente. Aínda que non parece estar moi convencido de querer aceptar o posto, seralle difícil negarse. Quen tamén está en problemas é Evaristo Fiuza xa que Leandro se decatou de que Hugo logrou escapar grazas á súa axuda e agora o chantajea con contarlle á Garda Civil o ocorrido. Só gardará o segredo se lle entrega unha importante suma de diñeiro.