A área sanitaria provincial segue por teleasistencia a 22 casos activos de covid-19

La Voz OURENSE

SOCIEDADE

Santi M. Amil

Este luns cumpriuse a segunda xornada consecutiva sen novos contagios

30 jun 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Un total de 22 afectados polo covid-19 seguen na lista de casos activos que actualiza diariamente a área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Todos eles, segundo indican desde o Sergas, están en réxime de illamento domiciliario, intentando deixar atrás síntomas de carácter leve ou recuperándose das secuelas sufridas a causa do coronavirus.

Neste sentido, a provincia sumou este luns a súa segunda xornada seguida sen novos contagios. Desde o inicio da epidemia, no territorio rexistráronse 2.015 casos, dos que 1.861 deixaron atrás a enfermidade e 132 perderon a vida. O persoal sanitario ourensán continúa, polo momento, realizando probas PCR a aqueles pacientes sospeitosos de padecer o virus. Ata agora leváronse a cabo 24.810.