En Galicia trátanse 773 pacientes de covid-19, 26 menos que onte

La Voz SANTIAGO

SOCIEDADE

PACO RODRÍGUEZ

Permanecen 5 en coidados críticos e 37 noutras unidades de hospitalización e achéganse a 10.000 as persoas curadas

29 may 2020 . Actualizado ás 12:32 h.

En Galicia trátanse 773 pacientes de covid-19, segundo datos facilitados pola Consellería de Sanidade. Son 26 menos que onte. Mantéñense 5 ingresos en unidades de coidados críticos e 37 noutras unidades de hospitalización. Os 731 restantes están a seguimento desde os seus domicilios.

Os positivos descenden en todas as áreas sanitarias, excepto na de Ferrol, onde se manteñen 21 como hai 24 horas. Na Coruña restan 179 a tratamento (8 menos); en Lugo 49 (2 menos); en Ourense 89 (5 menos), en Pontevedra 30 (6 menos), en Santiago 139 (3 menos), e en Vigo 266 (2 menos).

«Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.896 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos. O número de PCR realizadas é de 140.225», destaca Sanidade.

Nos centros sociosanitarios da comunidade hanse dado altas a 19 persoas curadas. Agora quedan a tratamento, nas residencias de persoas maiores, 39 usuarias e 40 profesionais; e nos centros de atención a discapacidades, 13 usuarias e 6 traballadoras.