Galicia, destino favorito nunha enquisa aos seguidores de Lonely Planet

La Voz REDACCIÓN

SOCIEDADE

CATEDRAL DE SANTIAGO
CATEDRAL DE SANTIAGO PACO RODRÍGUEZ

Participaron máis d 20.000 persoas, que o destacaron como «completo e seguro»

29 may 2020 . Actualizado ás 07:51 h.

A editorial de guías de viaxe Lonely Planet convocou unha enquisa en redes sociais co obxecto de determinar cal era o destino favorito dos seus seguidores. Dela saíu elixida Galicia en primeiro lugar . 

Máis de 20.000 viaxeiros deron a súa opinión nesta peculiar competición entre diferentes destinos da nosa xeografía que se han ir enfrontando á opinión dos viaxeiros en varias eliminatorias.

Onte foi a final, e Galicia impúxose a Menorca, que quedou en segundo lugar. Tal e como indican desde Lonely Planet, os viaxeiros aprecian sobre «todo a complementariedade dos seus recursos turísticos (cultura, gastronomía, praias, recursos para turismo familiar e natureza) e o consideralo un destino completo e seguro».