Ribadavia recupera as súas feiras quincenais

La Voz

SOCIEDADE

O Concello procedeu a redistribuír os postos para manter a distancia de seguridade

25 may 2020 . Actualizado ás 14:35 h.

A capital do Ribeiro recuperou os seus mercados quincenais coa celebración da feira do 25, a primeira que leva a cabo tras decretarse o estado de alarma a mediados de marzo. Para poder celebrar a feira, Ribadavia conta con dúas citas ao mes -os días 10 e 25-, o Concello tivo que redistribuír a localización dos postos para cumprir coas medidas de distanciamento e seguridade que están en vigor no estado de alarma. Na Alameda centralizáronse os postos de horta, e agrícolas en xeral, e para a zona da Veronza trasladáronse os de roupa, maquinaria, alimentación e demais. Para cumprir coas medidas de protección contra o coronavirus organizouse un circuíto circular para evitar as aglomeracións ou que non se cumprisen as medidas de seguridade. O persoal de Protección Civil e os axentes da Policía Municipal de Ribadavia, así como efectivos da Garda Civil, foron os encargados de que as persoas que acudiron á feira do 25 cumprisen coas medidas de protección contra o coronavirus e desenvolvésese o mercado con nomralidad.