O impacto do COVID-19 nas residencias de maiores: dous anciáns máis contaxiados en Foz, e xa son cinco

La Voz FOZ / LA VOZ

SOCIEDADE

O balance mantense estable en Burela, Betania e San Rafael de Mondoñedo, onde hai seis persoas, entre traballadores e usuarios, con coronavirus

05 abr 2020 . Actualizado ás 13:18 h.

Nas residencias de maiores de Galicia contabilízanse a última hora (no balance feito público polo Sergas este domingo pola mañá) 588 usuarios con coronavirus e 209 traballadores. O sábado rexistráronse dous novos falecementos nestes centros: unha persoa na residencia O Portazgo (A Coruña) e outra na nosa Señora da Esperanza (Ourense).

No caso da Mariña, na residencia de maiores de Foz o número de usuarios diagnosticados con coronavirus pasou de tres a cinco. Mantense estable o número de traballadores afectados, que son sete.

Na residencia Betania de Viveiro nada cambiou respecto ao último balance: dous usuarios e unha monxa con coronavirus.

Ademais, hai dous traballadores da residencia de Burela diagnosticados e un na residencia San Rafael de Mondoñedo, co que tamén neste caso o balance continúa estable.