Cedeira abre unha canle de YouTube para impartir talleres

LA VOZ CEDEIRA

SOCIEDADE

ANGEL MANSO

Os profesionais que coordinan as clases de debuxo, tapices, ximnasia e memoria colgan vídeos con actividades

27 mares 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Cedeira abriu unha canle de YouTube para poder impartir talleres de debuxo, tapices, ximnasia e memoria, a través dos vídeos colgados polos profesionais que coordinan estas actividades, mentres dure o confinamento. Basta con buscar «Concello Cedeira».