Estudantes da UDC colaboran con Cruz Vermella para facer recados para persoas vulnerables

La Voz A Coruña / LA VOZ

SOCIEDADE

Alumnos de la UDC
Alumnos da UDC MARCOS MÍGUEZ

Facer a compra, levarlles a comida que prepara a Cociña Económica ou ir á farmacia son as necesidades principais

25 mares 2020 . Actualizado ás 15:23 h.

Voluntariado da Universidade da Coruña (UDC) colabora co dispositivo que, con motivo do COVID-19, está a pór en marcha Cruz Vermella «para facer pequenos recados a familias e persoas en situación de vulnerabilidade».

«Como, por exemplo, facer unha pequena compra ou levarlles a comida xa feita que prepara a Cociña Económica, sempre preservando as medidas de seguridade para evitar os contagios», engade nun comunicado a universidade coruñesa.

A iniciativa porase en marcha con persoas voluntarias que xa están formadas e estiveron colaborando coa Oficina de Coordinación e Voluntariado durante o primeiro cuadrimestre, principalmente estudantes.

En función da demanda, a UDC non descarta abrir a convocatoria a toda a comunidade universitaria que queira colaborar e ampliar tamén as accións de voluntariado.