Alerta laranxa por ventos e forte ondada na Coruña

Efe

SOCIEDADE

M. Míguez

O noroeste da provincia verase afectado por un fenómeno adverso que deixará ondas de ata sete metros de altura

15 feb 2020 . Actualizado ás 11:24 h.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia activou para este sábado unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste e oeste da provincia da Coruña. O fenómeno meteorolóxico adverso deixará ondas de ata seis metros de altura e a situación poderíase agravar a partir do mediodía. 

En canto ao resto do litoral de Galicia, a alerta será de nivel amarelo por mar combinado do oeste-suroeste con ondas de ata cinco metros. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior xa informou da situación aos concellos da provincias afectadas, ás deputacións, aos servizos provinciais e ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. 

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa deu comezo a pasada madrugada no noroeste e oeste da Coruña por mar combinado do oeste-noroeste de ata seis metros. A partir do mediodía deste sábado agárdanse ventos do suroeste de forza 7. No resto do litoral galego haberá nivel amarelo por mar combinado do oeste -suroeste con ondas de ata cinco metros.

Meteogalicia/status/1228348565795282945"/>

A Xunta lembra a importancia de que as persoas «se manteñan afastadas» da liña de costa, é dicir, de diques, peiraos, espigóns, praias, paseos marítimos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Tamén é preciso que eviten aproximarse e vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns e fiestras.

Así mesmo, o Goberno galego aconsella «extremar as medidas de seguridade» se se realiza calquera actividade no mar e «revisar os cabos e amarres» das embarcacións.

Temperaturas altas e ceos nubrados

A xornada deste sábado en Galicia preséntase con temperaturas altas para esta época do ano e termómetros en ascenso, aínda que con ceos nubrados e posibilidade de choivas lixeiras nas provincias de Pontevera e A Coruña.

Ao longo da xornada prevalecerán os ceos nubrados con choivas débiles en o extremo occidental galego. En puntos do noroeste peninsular, continuarán os intervalos de nubes medias e altas mentres que no resto os ceos serán, polo xeral, pouco nubrados.