41 nenos, afectados por un brote de salmonelosis

Axencias OLOT

SOCIEDADE

iStock

Investigan se a orixe son os bocadillos que levaron a unha excursión e que foron elaborados na súa propia escola, en Olot

10 oct 2019 . Actualizado ás 12:22 h.

41 nenos e un profesor da escola de educación primaria de Olot (Xirona) están afectados por un brote de gastroenterite provocado pola bacteria salmonella, segundo informa o departamento de Sanidade e a Generalitat de Cataluña. Os estudantes, de primeiro e segundo curso, teñen seis e sete anos e formaban parte dun grupo de cincuenta alumnos e catro mestres que participaron nunha excursión o pasado 2 de outubro, segundo informa axénciaa Efe.

As primeiras investigacións han determinado que os nenos e o profesor comeron bocadillos elaborados na cociña da escola, mentres que os que non presentaron sintomatología trouxéronse o xantar de casa. Os especialistas intentan pescudar actualmente cal foi o alimento que exerceu de vehículo da salmonella e onde se produciu exactamente a contaminación.

Dez alumnos acudiron ao Centro de Atención Primaria Garrotxa e ao Hospital de Olot e un deles tivo que permanecer en observación durante horas. Os menores e o mestre enfermos presentaban vómitos, náuseas, diarrea e febre na maioría de casos por mor desta infección intestinal da que os pacientes melloran habitualmente sen necesidade de tratamento. Xeralmente, a salmonelosis contráese a través do consumo de alimentos contaminados. Os casos de contaminación máis habituais preséntanse en ovos, especialmente en produtos que o conteñen cru.