Ricky Martin será pai por cuarta vez

Martín Bastos

SOCIEDADE

SANDRA ALONSO

O cantante anunciou que el e marido ampliarán a familia nun acto benéfico

30 sep 2019 . Actualizado ás 23:55 h.

Ricky Martin será pai por cuarta vez. O cantante portorriqueño anunciouno nun acto benéfico, a cea anual de Campaña de Dereitos Humanos, ao que acudiu esta fin de semana xunto ao seu marido, o artista Jwan Yosef e os seus dous fillos maiores, Matteo e Valentino. Os catro posaron ante as cámaras e Ricky Martin compartiu as imaxes na súa conta de Instagram

Alí pronunciou un emotivos discurso ao recoller o premio á visibilidade. «Jwan, quéroche. Os meus preciosos Valetino e Matteo, que tamén están aquí, ámovos con todo o meu corazón. Sodes o meu a miña forza, inspirádesme todos os días e sodes a miña motivación para seguir facendo o que fago. Sodes uns nenos incribles. Sodes marabillosos, quérovos», dixo. «Lucía, a miña nena, que non está aquí connosco porque se quedou en casa coa avoa, pero tamén é a luz da miña vida», engadiu referíndose á súa filla pequena, nacida no principio do ano. 

«E, por certo, teño que anunciar que ¡estamos embarazados! ¡Estamos a agardar! Encántanme as familias grandes», concluíu entre aplausos.