O emotivo regreso de Xosé Manuel Piñeiro tras o seu cancro: «Sinto gratitude»

Mónica Pérez
Mónica Pérez REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDADE

O presentador volveu a «Luar» case un ano despois de anunciar que sufría un mieloma múltiple anunciando que xa ten a alta médica

25 sep 2019 . Actualizado ás 16:05 h.

«A única palabra que describe como me sinto é a gratitude. Este é un dos días máis felices da miña vida», esas eran as primeiras palabras do presentador Xosé Manuel Piñeiro, que volvía á televisión, a TVG, que leva sendo a súa casa as últimas décadas, tras superar un cancro. Facíao en , Luaro mesmo programa no que hai case un ano se sinceró cos espectadores e contoulles que tiña un mieloma múltiple e que se retiraba temporalmente para someterse a tratamento. Alí, xunto ao seu amigo Xosé Ramón Gayoso, no mesmo sofá branco no que comunicou que ten a alta médica e que está de volta. «Levo dez meses poñéndome o estar aquí convosco como reto. O meu obxectivo era estar aquí contigo, Gayoso, volver á radio, volver escribir... Á fin vou facer todas esas cousas», explicaba. 

«Aquí estamos, hai unha medicina marabillosa, home os santos axudan tamén, eu teño a San Benito aí comigo, que me acompaña», engadía. «A orde de San Benito é moi importante aquí en Galicia», apostilaba Gayoso. «É patrón de Allariz (localidad natal de Piñeiro)», engadía. 

Antes de sentarse no sofá con Gayoso, Superpiñeiro pisara o escenario de Luar por primeira vez para interpretar un popurri de Juan Pardo. Emocionado, abrazouse a Gayoso e con grandes esforzos por conter as bágoas, só puido berrar un «Boas noites, Galicia. Grazas de corazón!» a un público entregado que coreaba o seu nome. 

No momento no que se sentou no sofá, confesou ante o público que tras a súa actuación lograra conter as bágoas no escenario, pero non fora capaz de facelo xa entre bambalinas. «Como somos animais televisivos, controlamos un pouco en escena, foi saír de aquí e a maquilladora tivo que retocarme a maquillaxe porque foi un dos momentos máis emocionantes da miña vida e teño vivido moitos», confesaba. «Tiña moito medo, sempre tes unha responsabilidade cando saes ante o público, e é bo ter ese formiguillo que non se deber perder nunca, o día que vaias de sobrado estás perdido, pero hoxe era un día moi especial», proseguía Piñeiro. 

Explicaba Gayoso que a elección do sofá respondía a que ese era o mesmo no que anunciou e apareceu por última vez en televisión. «Había que curar un mieloma múltiple que quixo vir a convivir comigo, non é un compañeiro desexado nin fácil, foi un ano distinto», resumía.  Piñeiro daba as grazas a unha infinidade de persoas. «Á miña familia, ás miñas personas máis queridas e máis próximas, ás que viviron comigo as 24 horas do día e da noite, que estiveron comigo no hospital. Non foron tres meses completos pero bueno, fanche autotrasplantes de células nai e tes que estar aislado, só cunha persoa de compañía», comezaba. «Pero tan importante coma esa persoa, e que hai que dicilo, é o persoal que te atende. Non só os médicos, senon todo o mundo, desde a rapaza que vén limpar a habitación ata as hematólogas, o cariño, o amor que se respira», engadía, concretando que el falaba do seu caso, que foi tratado no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. «Non hai que ir a Houston, aquí temos a mellor sanidade do mundo pública», defendía. «Pero non a min, a todo o mundo, entras alí e esa sonrisa, ese amor...», aclaraba. Estendía a súa gratitude tamén ao Meixoeiro e ata ao seu médico de cabeceira: «non sei a vostedes, a min tocoume un boísimo». 

Xosé Manuel Piñeiro agradecía tamén as numerosas mostras de cariño que lle han ir chegando durante todos estes meses a través doutros compañeiros de TVG, abrigo os que percorren Galicia con programas en directo. «Eso cura moito, ao igual que a canción de Amigos que cantei antes, eso é un chute que nin quince sesións de quimio», chanceaba. Sen meterse nos pormenores da enfermidade, «eso é cousa dos médicos» aseguraba Gayoso, preguntáballe como se sentiu durante todo este tempo «a soidade contigo mesmo», apostilaba. «Cambiache a vida totalmente. Cambia para ben, pasas de non darlle importancia absolutamente triviais que noutro momento te enfadarían moitísimo... O realmente importante é otra cousa, estar ca xente que te quere, levantarse pola mañá...», confesaba Piñeiro. 

Tamén tivo un emotivo recordo para a súa nai, Rosa. «Está estupenda», respondíalle a Gayoso. «Podo imaxinarme o que pode sentir unha nai, cando lle vas dosificando a información, pero ao final sabe perfectamente o que tes. Ela levao cunha fortaleza e cunha entereza. É unha muller moi forte», aseguraba de novo moi emocionado. 

«Desde o primeiro día que saio do hospital saio a rúa, o outro día estaba nunha terraza e acercouse un señor con moita alegría», narraba, explicando que moitas persoas lle agradecían que lle puxo nome e apelidos ao que sufría. 

Nun momento da conversación Gayoso daba paso a Boris Izaguirre, que entraba por teléfono para saudar a Piñeiro. «Coñecemonos hai moitos anos, cando Boris chegou a Galicia compartimos piso aquí en Santiago», explicaba. «Rubén e eu querémosche moito», dicíalle Izaguirre. «Non sempre temos oportunidade de dicircho e é un pouco tolo que cho digamos agora, pero como Luar sempre nos uniu tanto, eu creo que vale a pena dicirche que che admiramos, que me parece fenomenal o que estás a facer nesta entrevista non só por ti, se non por tanta outra xente», proseguía desfacéndose en eloxios a Piñeiro. «O piso era tan inmenso que había dúas alas, a ala conservadora que se deitaba ás once da noite que era eu, e a outra que era a das festas, unha noite sen fin en Compostela», lembraba. «Non sabiamos que ibamos a ser room mates, pero eu lémbroo como algo fenomenal porque despois veu o éxito impresionante de Supermartes ... Fomos como unha xeración de TVG, que nos formamos aí traballando, facendo programas. Recordo de Piñeiro que o facía toda cunha naturalidade, que se divertía enormemente facendo televisión que eu creo que é a clave para facer boa televisión», engadía. «Entendo que foi difícil pero a vida sempre é divertida, sempre hai que levar adiante esa bandeira, porque é a que che fai sobrevivir e saír adiante», remataba. 

«Estou de alta, hai que seguir coidándose, ir vixiando ese pasaxeiro que vai contigo. Esas máquinas marabillosas que crean tanta polémica.. ¡Benditas máquinas!», referíndose ás doadas por Amancio Ortega

Xosé Manuel Piñeiro tamén anunciou que o próximo 4 de outubro un programa na Radio Galega «que se vai chamar Bamboleo os venres e sábado pola noite. Hai xente que pode verte a ti e ter a radio polo pinganillo», chanceaba con que coincidise na mesma franxa horaria. Tamén anunciou que proximamente tamén regresará a , Bamboleoonde durante todo este tempo presentou Lucía Regueiro. «A vida é a que é, e moi bo ter unha muller coma Lucía para dicirlle: 'Aguantame aí a parroquia que agora volvo'», chanceaba. 

Despedíase con outra canción elixida por el mesmo pero antes contaba que «levánme ofrecido a todo canto santo e santa hai en Galicia: á virxe dos Milagros, á Franqueira... », remataba. O tema era dedicado á súa nai. «Se hai alguén que tivo que pasalo mal e loitar foi Rosa», engadía Gayoso. Pero tamén a todos os enfermos que están na cama dun hospital. «Eu só pediría que as televisións dos hospitais fosen gratis», dicía antes de cantar Quen dixo medo

Horas antes da súa reaparición, na conta oficial de Twitter de lembraban, Luar tirando de arquivo, as primeiras imaxes de Xosé Manuel Piñeiro en TVG presentando Supermartes. Corría o ano 1992 e un novísimo Superpiñeiro (dese programa herdaría o cariñoso alcume, presentábase ante o público galego.