«Gayoso, retírache», o agasallo de «Land Rober» ao presentador de «Luar»

Mónica Pérez
M. Pérez REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDADE

Xosé Ramón Gayoso e Boris Izaguirre foron os invitados do programa de Roberto Vilar

20 sep 2019 . Actualizado ás 10:21 h.

Parece que os valos están de moda esta tempada en Land Rober . Despois da que dedicaron a Eva Iglesias a semana pasada pola súa volta ao programa tras a súa recente maternidade, onte o homenaxeado foi o presentador de Luar , Xosé Ramón Gayoso. A pesar de que a néboa que xa cubría as aforas do estudio onde se grava Land Rober. «Está xeando», dicía Gayoso ao saír  que puxo a man na fronte para intentar ver mellor o que puña a pancarta. «¡Ave María!», exclamou. «Gayoso retírate, ¡que é o partido que me montastes?. Igual a xente pensa que montei un partido político», dixo. O presentador de Luar ademais contou que está acostumado a que lle berren iso pola rúa e narrou o que lle ocorreu unha vez en Muxía . «Un rapaz díxome: '¡Gayoso, retírate!' e eu ese día estaba gracioso e dixenlle: 'ti has morrer e eu seguirei presentando Luar'». 

Enfundado no mesmo trouxen que a semana pasada, que xa causou furor nas redes sociais no primeiro programa da tempada, Roberto Vilar comezou un Land Rober histórico polos invitados que acudían a el: Xosé Ramón Gayoso e Boris Izaguirre. «O traxe xa vos iredes acostumbrado a el», ameazaba o presentador. «Mamá, non estades acostumbrados ao traxe, pero xa vos acostumbraredes, é igual que non estades acostumbrados a votar cada tres meses, xa vos acostumbraredes», explicaba. 

Unha vez cos invitados en estudio, tras a broma de Boris Izaguirre sobre a vestimenta a cadros dos dous presentadores, de bicar o chan do estudio de Land Rober e de confesarlle a Gayoso que foi de público a Luar cando se gravaba na discoteca Doa Dana en Touro , os tres sentáronse ao teléfono para a sección Mira quen chama celebrities, que consiste en saber se realmente falan co famoso que supostamente está alén do teléfono. Unha das chamadas que atenderon era a do Carlota Corredera á que Gayoso non recoñecía. 

A pesar de que nin Gayoso nin Roberto Vilar críanse que estaba a falar coa presentadora viguesa. «Por favor Gayoso, ¡qué guapiño estás!». «Home ao lado de Roberto destaca calquera», respondeulle o presentador de Luar. «En menudos que me metéis pero estoy muy contenta de entrar en el programa más visto de la TVG», dicía Corredera. «Nos últimos anos, pero nos últimos siglos non», apostilaba Gayoso. 

O teéfono volvía soar e alén estaba Jordi Furtado. «Vai petar o universo», avisaba Roberto Vilar. «Cuántos años lleváis vosotros haciendo el programa?», preguntáballe o presentador de Luar ao de Saber e gañar. «22 años? Nosotros 27», respondía Gayoso. «Somos más viejos que vosotros, y se nos nota, y lo llevamos a gala además». Pero no caso de Furtado, o lonxevo presentador da 2, sobre o que chancean continuamente sobre o seu pacto contra o paso do tempo, non estaba alén do teléfono. «Pregúntalle que crema usa», suxeríalle Boris Izaguirre. Nin Boris nin Vilar creron a chamada. 

Nas dúas chamadas anteriores non se escoitou a voz do interlocutor, pero si na última, que foi Dani Rovira. a que lle tocou atender a Roberto Vilar. Con David Perdomo tamén en escena, o actor saudaba a través do teléfono. 

«Dáme moita pena todo o de Clara e iso», aseguraba o sempre irreverente Izaguirre. «Pero que tedes montado alí A ruleta da fortuna?», preguntaba Rovira. «Isto é como O Formigueiro, pero ben», seguíalle a broma Vilar. 

Alén do teléfono tamén estaba Paula Vázquez, que saudou cun «Boas noites».