Eva Iglesias , de «Land Rober», xa é nai de Julia

La Voz

SOCIEDADE

A colaboradora de «Land Rober» anunciou no programa en febreiro que agardaba un bebé

23 ago 2019 . Actualizado ás 20:17 h.

Eva Iglesias , a coñecida colaboradora do programa de Televisión de Galicia Land Rober-Tunai Show, acaba de dar a luz á súa primeira filla. «Dende onte somos un máis na familia!! Benvida a este mundo, miña pequerrechiña!! Julia xa está aquí!», escribiu este venres no seu perfil da rede social Instagram a cantante e actriz, que non tardaba en recibir mensaxes de felicitación por parte dos seus seguidores.

A colaboradora anunciaba en febreiro que se atopaba agardando un bebé. Para facer o anuncio elixiu o espazo no que máis cómoda se sente, o popular programa de entretemento que conduce Roberto Vilar, e mostrábase visiblemente emocionada. Agora elixiu un medio moito máis próximo para comunicar aos seus seguidores a chegada da súa primoxénita Julia.