Johnny Depp denuncia a Amber Heard por malos tratos cunhas impactantes fotos

La Voz REDACCIÓN

SOCIEDADE

WARNER BROS | Europa Press

O actor acusa a a súa exmuller de abusos psicolóxicos e físicos

31 jul 2019 . Actualizado ás 23:52 h.

Johnny Depp, o actor estadounidense que deu vida a Jack Sparrow na saga de cine Piratas do Caribe, atravesa momentos difíciles persoais. Despois do breve matrimonio de quince meses coa actriz Amber Heard e do proceso xudicial que están a ter para divorciarse, acúsaa de malos tratos psicolóxicos e físicos. Para probalo, publicou fotos nas que aparece con feridas na cara e cun dedo ensanguentado.

The Blast informou de que ao parecer, a actriz montou en cólera e lanzoulle unha botella, a cal lle cortou unha falanxe do dedo, e queimoulle a fazula apagando nela un cigarro. Todo pasou en Australia durante o ano 2015, mentres o actor estaba a rodar a quinta entrega de Piratas do Caribe. A razón da pelexa parece ser o intento de proposta por parte do actor para chegar a un acordo post-nupcial, que enfureció á actriz.

As fotos foron publicadas na rede social Twitter e mostran a Depp prostrado e convalecente nunha padiola de hospital, onde se lle ve a queimadura gris na fazula dereita e un dedo ensanguentado e algo pixelado para non danar demasiado a sensibilidade daqueles que vexan as imaxes. Todo apunta a que estas fotos poderían dar un xiro ao preito e acordo que intentan facer.

A historia comezou cando Heard acusou a Johnny Depp de malos tratos, algo que aínda non se probou. Esa é unha das principais razóns polas cales o xuízo podería dar un envorco. Posteriormente, a actriz foi acusada por difamación no 2018 tras declarar que sufrira violencia doméstica por parte do actor, quen le tería tirado do pelo e golpeado cun teléfono, segundo informou o Washington Post.

Con todo, o avogado de Heard cualifica as últimas acusacións de Johnny Depp de «absurdas, ofensivas e falsas», e declara que «Depp está desesperado por desviar a atención do abuso psicolóxico, físico e continuo que cometeu sobre Amber Heard», segundo publicou a revista People.