Lady Gaga, pillada bicándose cun home (e non é Bradley Cooper)

C. Aldegunde REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDADE

JUSTIN LANE | EFE

Tras meses de rumores dunha relación co actor que apuntaban ata a un posible embarazo, publícanse unhas sorprendentes imaxes

31 jul 2019 . Actualizado ás 19:33 h.

Tras meses de rumores, unhas imaxes de Lady Gaga bicándose cun home deixaron pampos a todos o seu fans (e tamén aos de Irina Shayk, que lle declararon odio eterno á cantante). E é que non, agora resulta que Lady Gaga e Bradley Cooper non están xuntos (aínda que non se sabe se algún día o estiveron e Irina Shayk tiña razón ao sospeitar de que na súa relación, a cantante era a terceira en discordia). A cantante foi fotografada bicándose con Dan Horton, de 37 anos, o seu enxeñeiro de son, segundo a revista People

A principios de xuño os rumores eran constantes, e unhas semanas despois, finalmente Bradley Cooper e Irina Shayk confirmaban a súa separación tras catro anos de relación e unha filla en común nada no 2017. Shayk, rusa de 33 anos, e Cooper, estadounidense de 44, comezaron a saír no 2015 despois de que ambos rompesen cos seus anteriores parellas: ela, co futbolista portugués Cristiano Ronaldo; e el, coa actriz británica Suki Waterhouse. Cooper estivera casado previamente coa actriz e bailarina Jennifer Esposito e ademais mantivo unha relación sentimental coa tamén actriz Renée Zellweger.

Pouco despois unha enigmática mensaxe de Lady Gaga aos seus fans pedindo respecto non facía máis que disparar aínda as especulacións sobre unha relación entre ela e o actor, que tería provocado a ruptura coa modelo. Tras a actuación de Lady Gaga e Bradley Cooper nos Óscar, disparáronse os rumores sobre unha posible relación. A cara de Irina Shayk desde o patio de butacas tamén daba pistas de que á modelo non lle estaba sentando demasiado ben tanta complicidade. E ao anunciarse a ruptura do actor e a modelo, moitos volven culpar do fin da relación a Lady Gaga, que tamén rematou a relación coa súa parella hai uns meses. 

«Ah, e algo máis: sede amables ou marchádevos», dicía Lady Gaga nun concerto hai pouco, antes de interpretar o tema Shallow. Moitos viron nesta petición unha clara referencia á súa relación con Cooper.

Unhas imaxes nas que se ve a Lady Gaga saír da casa do actor nos últimos días han acrecentado aínda máis os rumores e mesmo se chegou a afirmar que vivían xuntos en Nova York. Igual fixérono. Ou non. Pero o caso é que agora Lady Gaga bica a outro home.