Axúdanos a pescudar cal é o pobo máis bonito. Se non atopas o teu na lista, ¡deixa un comentario!

Antía S. Augado
G.V.

Galicia é unha comunidade de contrastes. Predominan os enclaves de ilusión. Eses pobos, vilas e cidades que conquistan (que ás veces teñen que convivir co feísmo). Sin duda, a galega é unha comunidade que mestura patrimonio, historia e contorna rural. Unha peculiar combinación que converteu a algúns lugares nunha referencia para as visitas de todo tipo de turistas, pero tamén para os propios galegos. Ben sexa pola paisaxe que os rodea, polas súas prazas e ruelas, ou polos costumes e tradicións das súas xentes.

Os encaixes de Camariñas. Os hórreos de Combarro. As pallozas de Piornedo. As reviravoltas de Parada do Sil. Galicia e os seus pobos. Salpicada de incribles vilas a beiras do Atlántico e do Cantábrico. Aldeas empequenecidas polas montañas dos Ancares, pero que se alzan protagonistas amais e ao redor destas. E para ti, cal é o pobo, vila ou pequena cidade máis bonita de Galicia? ¡Participa! Vota e opina aquí (¡Podes votar a máis dunha localidade!). Tamén aceptamos suxestións así que se non atopas a túa localidade preferida, déixanos un comentario. Iremos incorporando as vosas achegas.

Non seleccionamos o teu pobo favorito? Déixanos un comentario.