Deixámosche unha selección para que votes ao teu favorito; se non o atopas, escribe a túa suxestión nos comentarios

Antía S. Augado

Desde as Rías Altas ás Baixas, pasando pola Costa da Morte. As primeiras, unhas paraxes características polas súas costas rochosas, coa presenza do punto máis setentrional de España: Estaca de Bares. Do Roncudo a Fisterra, eríxese a tan venerada Costa da Morte. E, finalmente, as Rías Baixas, que sobresaen polo seu gran tamaño en comparación co resto de rías galegas. Así se conforma a abrupta costa.

Polo menos 38 faros e máis de 1.000 quilómetros. A xa coñecida Ruta dos Faros vai cobrando, cada vez máis, unha maior relevancia. Iníciase en Ribadeo, e culmina na Guarda, gozando entremedias duns enclaves excepcionais.

La Torre de Hércules. O faro máis antigo aínda en funcionamento. Un símbolo da comunidade. Cabo Vilán. O primeiro faro eléctrico de España. Vinte e cinco metros levántanse formando a súa coñecida torre octogonal. Con todo, hai moitos outros repartidos ao longo da costa galega. A continuación, deixámosche unha selección. Por que non votas ao teu favorito?

Se nos esquecemos algún, ¡deixa o seu nome nun comentario!