Xosé Manuel Piñeiro reaparece por unha causa solidaria

O coñecido presentador de TVG atópase de baixa desde hai meses tras detectar un cancro


Redacción / La Voz

Xosé Manuel Piñeiro fixo un chamamento especial a través dun vídeo na súa conta de Instagram para invitar os seus seguidores a unirse a unha causa solidaria. «Que tal amigos, Son Xosé Manuel Piñeiro. Quero convidarvos a un acto moi solidario e que me apetece moito que compartades comigo e con todas as persoas que imos estar alí», comeza o presentador de TVG, que se atopa afastado da televisión a causa do cancro que lle foi detectado fai uns meses. «Trátase de colaborar con Bicos de Papel, una asociación que quere construír un parque infantil na área oncolóxica infantil do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Para eso precísanse cartos e para iso hai unha cea solidaria no Hotel Pazo dos Escudos o día 14 de xuño», prosegue. «Temos que estar alí, temos que colaborar porque é a nosa causa, son os nosos nenos», termina. 

Xosé Manuel Piñeiro anunciou a principios do mes de novembro do ano pasado que sufría cancro, en concreto un mieloma múltiple, para explicar a súa retirada temporal da televisión. Fíxoo en Luar para terminar coas especulacións e segundo o mesmo explicou por consello dunha das súas irmás. «'Debesllo ao teu público'. O teu público ten que saber porque non estás neste momento na televisión. E nadie mellor ca ti para contarllo», asegurou que lle dixo. 

Nese momento mostrouse moi a favor de normalizar o que a tantos lles sucede: «¿Cantas persoas nos estarán vendo agora mesmo desde a cama dun hospital ou desde a cama da súa casa? E eu creo que sempre é bo de compartir estes momentos que ninguén querría pasar, pero que están ahí e forman parte da vida».

Xosé Manuel Piñeiro deixa temporalmente a televisión por mor dun cancro

La Voz

O presentador desvela que padece un mieloma múltiple

Xosé Manuel Piñeiro deixará temporalmente a televisión. Superpiñeiro, quen xa se converteu nun dos rostros máis icónicos da televisión galega, terá que aparcar a súa carreira televisiva por culpa dun cancro. Todas as alarmas saltaban hai dúas semanas, cando Piñeiro anunciaba que deixaba Bamboleo, o seu programa na televisión pública galega, en mans de Lucía Regueiro por unha tempada. Sen máis explicacións. Durante os últimos días, os dimes e diretes multiplicábanse.

Por iso, o propio presentador anunciaba que era o que estaba a pasar en Luar nun intento de «evitar especulacións». Superpiñeiro sentábase xunto ao seu compañeiro Xosé Ramón Gayoso para aclarar todos os rumores que desde hai uns días corrían. Ten cancro. Un mieloma múltiple, para ser máis exactos. Sen andrómenas. Sen adornos. Así, explicouno Piñeiro. Claro e directo.

Seguir lendo

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
24 votos
Comentarios

Xosé Manuel Piñeiro reaparece por unha causa solidaria