Como aproveitar unha fin de semana con máis calor en Galicia que en Canarias?

SOCIEDADE

Gente paseando por Samil el Día del Padre
Xente paseando por Samil o Día do Pai M.Moralejo

No sur da comunidade os termómetros marcarán temperaturas superiores ás que terán en Valencia, Sevilla ou Tenerife. En Ourense quedarán preto dos 30 graos

22 mares 2019 . Actualizado ás 19:21 h.

Os galegos poderán ir á praia nesta primeira fin de semana da primavera. E é que o sol e as temperaturas por amais dos 20º en toda a comunidade marcarán os próximos días. Fará mesmo calor no sur de Galicia. En Ourense os termómetros chegarán o domingo aos 27º e en Vigo e Pontevedra marcarán os 24º, segundo as previsións de Meteogalicia . Unhas temperaturas que serán a envexa de España porque fará máis calor que en Valencia, Sevilla ou Tenerife

Galicia segue baixo a influencia anticiclónica, nunha situación estable na que se agardan durante os próximos tres días ceos completamente despexados. Os ventos soprarán frouxos e os termómetros xa marcarán hoxe temperaturas moi agradables con máximas de 17º en Lugo, 18º na Coruña, 19º en Ferrol e Santiago, 21º en Vigo, 23º en Pontevedra e 25º en Ourense. 

Mañá subirán as temperaturas máximas, entre 1 e 3º, e o domingo farano aínda máis chegando aos 27º en Ourense, 24º en Vigo e Pontevedra, 22º en Santiago, 21º na Coruña e Ferrol e 20º en Lugo.  E é que unha barreira anticiclónica mantén as nubes lonxe de Galicia.

Esta fin de semana de sol e temperaturas agradables invita a saír da casa e gozar no exterior. Unha ruta de sendeirismo, tomar algo nunha terraza, algunha cala recollida ou unha fervenza escondida son boas opcións para gozar desta fin de semana de bo tempo en Galicia.

A semana próxima, última do mes de marzo, persistirá esta situación de estabilidade en Galicia. A previsión presenta unha notable anomalía en canto a precipitacións e temperaturas a comunidade, que será máis seca e cálida do normal. Así o explica a Aemet.