Voz Natura céntrase no patrimonio etnográfico galego

Alberto lorenzo REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDADE

cesar quian

Restaurar un vello lavadoiro abandonado en Ribeira ou recuperar un carreiro á beira do Sar son algúns dos proxectos

23 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A presente edición do programa Voz Natura está centrada no patrimonio etnográfico e natural. Trátase de pequenos proxectos impulsados desde centros escolares cos que se pretende achegar aos escolares ás súas raíces, inculcándolle a necesidade de coidar a contorna, respectar o pasado e establecer unha relación harmónica coa natureza.

Son moitos os traballos en marcha que perseguen estes obxectivos. Por exemplo, en Santiago o Colexio Santa Apolonia impulsan unha acción co rechamante nome de Avoa Pepa, que ademais de todo o antedicho busca unha conexión entre a xente maior e os pequenos.

Kechu Couso, o seu responsable, explica que existe un «camiño que vai desde a residencia de anciáns Geriatros ata o colexio pola beira do rio Sar, que se trata de nivelar». Na acción intervén as administracións con maquinaria pesada, pero os nenos axudan á roza ou recollida de lixos. A actividade do Santa Apolonia non queda aí. «No centro de día instalamos unha columna vertical de fresas. Ademais, durante unha semana levamos aos nenos a unha granxa escola onde modifican todas as súas rutinas e as súas estruturas de traballo. É unha gran experiencia».

Outro centro adherido a Voz Natura é o Colexio Galaxia, de Ribeira . O seu labor céntrase na recuperación dun lavadoiro en Couso. «O seu estado é lamentable. Vímolo e ocorréullenos recuperalo como actividade escolar. Pedimos permiso ao Concello e déunolo», explica Jose Manuel González, responsable do proxecto. Mañá será a primeira xornada na que 61 alumnos divididos en dúas quendas encargaranse de arrombar e restaurar a zona: «Necesitamos moitos días porque hai que retirar o verdín, asentar con cemento algunhas pedras e canalizar a auga tal e como se facía orixinalmente,

Voz Natura conta co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, El Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces.