Lucía Regueiro, protagonista da serie «Serramoura», convértese en amiga de Unicef

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDADE

CESAR QUIAN

A actriz coñeceu de primeira man o traballo da ONG durante unha estancia en Bolivia en 2015

24 mares 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A presentadora e protagonista de Serramoura , unha das producións de Voz Audiovisual, Lucía Regueiro, é desde onte amiga de Unicef Comité Galicia. O seu nomeamento foi no colexio Cid, na cidade da Coruña, que o xoves celebrou o Día da auga cunha carreira para apoiar o programa Gotas para Níxer, que pretende concienciar da importancia e repercusión da auga como un dereito humano.

A actriz, consciente da relevancia que ten a implicación da sociedade na loita polos dereitos da infancia en todo o mundo, acepta con orgullo este novo reto. «Este papel que asumo hoxe é especialmente importante para min, faime moitísima ilusión, e corresponde a unha tarefa na que creo profundamente: a defensa dos dereitos de todos os nenos», dixo onte tras coñecer de primeira man o traballo que realiza a oenegué en Bolivia , onde acudiu no 2015.

«Nese momento puiden comprobar por min mesma o labor que realiza Unicef, puiden pórlle rostro e nome a eses nenos e a esas nais, que deixaron de ser números sobre o papel para ser persoas reais con vidas que melloran radicalmente grazas á axuda da oenegué», lembrou tamén.