Rede conta que fan os xigantes de Internet cos nosos datos

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDADE

O suplemento entrégase este domingo gratuitamente con La Voz

23 sep 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O suplemento REDE, que este domingo se entrega gratuitamente con La Voz, leva á súa portada a polémica sobre o uso que os xigantes de Internet -Google, Facebook, WhatsApp, Instagram...- fan dos datos dos seus usuarios. Cada vez que nos rexistramos nalgún dos seus servizos fannos aceptar unha extensa lista de condicións, pero quen as le? Mark Zuckerberg podería estar a utilizar toda esta información para lanzar unha futura carreira á presidencia dos Estados Unidos.

REDE recolle as novas ameazas do ciberterrorismo e o debate xerado ao redor da robotización do traballo e as súas consecuencias no mercado laboral. A revista dedica varias páxinas a videoxogos, entre eles os novos Destiny 2, Life is Strange e Hellblade Senua's Sacrifice, e realiza unha comparativa entre os mellores city builders, títulos que nos permiten converternos en arquitectos virtuais e mesmo gobernantes de cidades ou colonias espaciais. Outra reportaxe analiza o éxito dos smartphones chineses, con marcas como Xiaomi e Meizu que cada vez ten maior acollida.