«Preocupa todo, porque todo ten que saír ben»

Isabel Caulonga é enfermeira do equipo de transplantes do CHUS

.

Isabel Caulonga é enfermeira do equipo de transplantes do CHUS. Ela non voa, porque se encarga da coordinación, e cando se lle pregunta que é o que xera máis preocupación nestes operativos contesta sen dubidalo, «preocupa todo, porque todo ten que saír ben». E é que para que un transplante culmine con éxito a extracción debe ser correcta, o órgano válido -xa que ás veces se comproba posteriormente que non o é-, debe implantarse no receptor, e que este non o rexeite.

Moitos pequenos pasos que a experiencia e a profesionalidade levan a que o resultado sexa positivo na maioría dos casos, e que xera unha satisfacción especial entre os sanitarios. «Un paciente renal, pendente dunha máquina, de súpeto pasa a ter unha vida independente, e ocorre o mesmo cos pacientes hepáticos, por suposto que é algo moi satisfactorio», conta Caulonga.

Si o transplante vai realizarse no CHUS e o hospital no que está o doante realiza este tipo de intervencións, non é necesario que se despracen os cirurxiáns composteláns, senón que a extracción a realizan alí. En caso contrario, viaxan catro presentas: cirurxián, residente e dous enfermeiros, «e cando sabemos máis ou menos a hora da extracción avisamos ao receptor, porque tamén necesita un tempo de preparación».

Votación
3 votos
Comentarios

«Preocupa todo, porque todo ten que saír ben»