Inmobilizada unha partida de 20.000 unidades de ovo líquido contaminado en Biscaia

Europa Press

SOCIEDADE

ETIENNE LAURENT | EFE

O alimento está contaminado co insecticida fipronil procedente de Francia

12 ago 2017 . Actualizado ás 13:03 h.

O Departamento de Saúde do Goberno Vasco inmobilizou unha partida de 20.000 unidades de ovo líquido contaminado co insecticida fipronil nunha empresa de Biscaia.

Segundo informou o Departamento nun comunicado, durante a tarde deste venres recibiu unha notificación da presenza dunha partida de 20 toneladas de ovo líquido pasteurizado contaminada con fipronil procedente de Francia, que fora enviada a unha empresa de Biscaia para elaborar produtos que entrarían nas cadeas de distribución alimentaria.

Os servizos de inspección do Departamento de Saúde procederon á inmovilización da partida contaminada, evitando que entrase en ningún proceso de fabricación de produtos e eliminando así calquera tipo de risco para a saúde pública.

O Departamento de Saúde, que procederá nos próximos días á destrución desta partida de ovos contaminada, mantén activados todos os dispositivos de vixilancia para esta alerta.