As vítimas de Jeffrey Epstein claman xustiza

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

PRATA O Plomo

Brigitte Stelzer | Europa Press

Netflix estrea a serie documental sobre o magnate millonario titulada «Asquerosamente rico»

27 may 2020 . Actualizado ás 08:43 h.

Netflix estrea un documental de catro capítulos sobre o financeiro e depredador sexual Jeffrey Epstein, que morreu o pasado mes de agosto nun cárcere de Nova York. Case un ano despois, e cando o seu aparente suicidio segue baixo a sombra da sospeita, as súas numerosas vítimas claman xustiza en Jeffrey Epstein: asquerosamente rico.

Antes de que fose arrestado, o financeiro foi acusado de abusar de mulleres, algunhas mesmo menores de idade durante décadas, tempo no que teceu unha rede de trata sexual con numerosos cómplices que el mesmo creou para dar cobertura aos seus horrendos crimes.

Ata o 2018 Epstein transportaba en voos privados a mozos a Illas Virxes para abusar deles. Producida por RadicalMedia e James Patterson Entertainment en colaboración con Third Eye Motion Picture Company, a serie pretende dar voz ás vítimas que pasaron anos en silencio e algunhas traumatizadas para sempre.

O multimillonario, de orixe humilde, logrou abrirse paso ata o cume do mundo financeiro con mentiras e manipulación. Co paso dos anos descubriuse que no 2008 pactou en segredo co Goberno para evitar unha posible cadea perpetua, pero seguiu abusando de mulleres. O caso rematou por salpicar ao príncipe Andrés de Inglaterra, que está retirado da vida pública desde hai meses por esta razón.

Dirixido por Lisa Bryant, as vítimas buscan impedir que os agresores sexuais queden impunes coa complicidade da Xustiza.