«The Accident», a nova serie de Sarah Lancashire

PRATA O Plomo

A ficción está inspirada o traxedia do incendio da torre Genfrell, no que morreron máis de setenta persoas

26 novs 2019 . Actualizado ás 20:06 h.

Inspirada en parte no incendio que provocou máis de setenta mortos na torre Genfrell en xuño do ano 2017, The Accident estréase en España da man de Filmin. Protagonizada por Sarah Lancashire, a inesquecible Catherine Cawood en Happy Valley, a acción desta miniserie de catro capítulos céntrase na traxedia que arrasa unha pequena vila de Gales, onde unha explosión mata a nove persoas, oito delas nenos. Tras a conmoción que causa o suceso nun lugar en que todos se coñecen, enseguida comezan a pedir responsabilidades aos que promoveron unha construción que debía xerar riqueza e oportunidades de traballo aos seus habitantes, e non sumir na dor e a pena a toda a comunidade. Sarah Lancashire encarna a Polly Bevan, a muller do político que foi o principan impulsou o proxecto. Moi afectada tamén polo ocorrido, deberá lidar coa culpa e coas miradas acusadoras de todos os seus veciños, ao mesmo tempo que a investigación destapa algunhas verdades incómodas.

Do mesmo xeito que na torre Grenfell, o edificio que explotou e colapsou estaba revestido de politileno, un material prohibido pola Unión Europea altamente inflamable.

The Accident foi a serie máis vista do ano na canle británica Channel 4, avalada polo exitoso Jack Thorne, guionista de The Virtues e A materia escura e creador de National Treasure e A desaparición de Kiri (con Lancashire tamén como protagonista). Esta ficción supón o peche á súa triloxía na que pretende diseccionar á sociedade británica. A repartición complétase con Sidse Babett Knudsen, protagonisa de Borgen..