Seis de cada dez alumnos superaron a selectividade en xullo: lista completa de aprobados

Atopa no noso buscador o nome dos estudantes que aprobaron esta convocatoria extraordinaria, que se celebraba por primeira vez no mes de xullo. ¿Con dúbidas sobre que facer agora? Consulta a guía de La Voz para descubrir que podes estudar ao terminar o bacharelato


Redacción

Xa se coñece o nome dos galegos que aprobaron selectividade nesta convocatoria extraordinaria de xullo. Dos 2.099 alumnos que se presentaron á proba xeral aprobaron preto do 59%, en concreto 1.237.

Esta era a primeira vez que as probas se celebraban neste mes, en substitución de setembro. Isto supón que os alumnos que aprobaron poderán iniciar o curso practicamente á vez que os seus compañeiros que superaron a ABAU en xuño.

Consulta neste buscador os nomes dos estudantes que superaron os exames celebrados entre o 10 e o 12 de xullo

¿Dúbidas sobre que camiño tomar agora? Consulta a guía de La Voz para descubrir que podes estudar agora. Nela aparecen os 123 graos universitarios repartidos en sete campus; 76 títulos de FP superior en 199 institutos e colexios privados; e 33 estudos de artes plásticas, arte dramática, música, deporte, deseño e conservación do patrimonio. 

Newsletter Educación

Recibe todas as semanas a información máis relevante sobre educación

Votación
1 voto
Comentarios

Seis de cada dez alumnos superaron a selectividade en xullo: lista completa de aprobados