Os concellos da zona recibirán 64.000 euros do pacto contra a violencia machista

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

VEDRA

As axudas oscilan entre os 18.000 euros de Santiago e 900 euros municipios máis pequenos

19 ago 2019 . Actualizado ás 18:32 h.

Máis de 64.000 euros. Esa é a cifra que recibirán os concellos da área de Santiago do pacto de Estado contra a violencia de xénero por aceptar incorporar policías locais para este labor e por constituír mesas locais de coordinación institucional nesta materia.

As axudas aos concellos adscritos ao sistema Viogen dependerán do seu tamaño e número de habitantes. No caso da cidade de Santiago, obterán unha subvención de 18.051 euros, mentres que Santiso ou Toques recibirán pouco máis de 900 euros. No caso do Concello de Ames, o financiamento anual pola súa adhesión ao pacto de Estado contra a violencia machista é de 6.239 euros, mentres que Teo obterá 4.015, Ordes, 2.953; Santa Comba, 2.394; Padrón, 2.212; e Brión, Melide e Oroso, pouco máis de 2.000 euros cada un. Municipios como Vedra, O Pino, Rois obterán ao redor de 1.500 euros e o resto situarase entre os 1.000 e os 1.400 euros.