Vedra salva a demografía e aspira a mellorar infraestruturas

E.A.R. SANTIAGO / LA VOZ

VEDRA

O PP aspira a repetir a maioría absoluta e os socialistas a recuperar un goberno perdido hai 8 anos

15 may 2019 . Actualizado ás 16:35 h.

O municipio de Vedra pecha o mandato cun dos seus retos cumpridos, manterse entre os municipios con máis de cinco mil habitantes, unha barreira que se se cae implica unha perda económica de máis de 250.000 euros. Conseguiuno case polos pelos, non sen antes promover unha campaña censal na que os partidos políticos da corporación fixeron fronte común. As mesmas siglas, PP, PSOE e BNG tamén coinciden en boa parte das súas propostas para o 26M, polo menos sobre o papel: desenvolver chan industrial, ampliar as redes de abastecemento de auga e saneamento, mellorar as concesións con Internet e tomar medidas para atraer poboación forman parte de todos os programas con cambios no PXOM. O PP presenta como logros investimentos en infraestruturas e obras en marcha. Que sobre o 60 % da poboación teña abastecemento a curto prazo é un deles. O PSOE, que gobernou fai oito anos, aposta por promocionar o sector primario (viño e produtos de horta) mentres o BNG avoga por aplicar os recoñecidos «criterios de ben común» na xestión pública.